VIGOVERNE: A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS

Durante todo o curso rolou polas aulas o libro A volta ao mundo en 80 contos. Con el complementamos a perspectiva que tería o propio Willy Fogg na súa viaxe con Xulio Verne. Enchemos de lecturas as nosas horas de ler, coñecimos contos de diversas partes do mundo e atrevémonos a investigar cousiñas de outras culturas.
Na fin de curso unha exposición  cos nosos traballos e a representación en Kamishibai na biblioteca foron os produtos finais desta actividad. A lectura foi compartida por tódalas aulas, pero o traballo sobre os textos escollidos constituiu unha actividade voluntaria á que se sumaron 4 das 10 aulas do cole. Outras intentárono, pero finalmente non foron quen de rematar este proxecto literario, coma sucedeu nalgunha aula de infantil.

 a volta ao mundo en 80 contos-saviour pirotta-9788496893252

2º e 3º kamishibai representaron os seus contos na biblioteca

1

1º e 4º A ilustraron os contos con distintas técnicas e deixáronnolos para a exposición.



Deixamos aquí  as fotos dos conto feitos polas aulas

1º Anansi e os plátanos. Un conto de Xamaica



3º O agasallo do Kiwi. Un conto de Nova Zelandia

 

2ºde Primaria. "Hans o heroe de Haarlem". Un conto holandés. Enseguidiña estará pendurado nesta páxina. Falta rematar de escanealo.

4ºa de Primaria. "A canción do vaqueiro". Podedes ve-lo na foto da exposición. Estamos a rematar o escaneo tamén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario