COS OLLOS DE ...MURAIS-EDIFICIOS

A parte central do proxecto nas aulas desenvolveuse  con 7 cartafoles viaxeiros nos que os mouchiños ao longo do curso pedíronnos  de cada vez unha tarefa específica. Daquela, de xeito rotatorio, fomos traballando cada estatua ou elemento da cidade cunha ollada diferente. En cada cartafol a suma de todas esas miradas foi o que encheu os nosos murais de información. As pescudas na rede e na prensa foron os recursos informacionais máis importantes que se manexaron.
As tarefas agrupáronse en diferentes eidos:
1/Pescudas sobre a escultura: QUE É, QUE REPRESENTA, QUEN FOI O SEU ESCULTOR
2/Pescuda sobre a cidade: ONDE ESTÁ, CARA ONDE MIRA
3/Pescudas relacionadas: MATEMÁTICAS, CIENCIA, FILOSOFÍA E OPINIÓN, CREACIÓN LITERARIA E PLÁSTICA.
Cada parte sobre a que traballamos- agás o traballo plástico qu eforma o mural de presentación- foi colocada nun mural con forma dun edificio relacionado coa zona onde se atopa a escultura, amosando o antes e o agora do edificio e do seu estar na cidade.

Aquí deixamos os vencellos para que poidades ver o traballo feito arredor de cada escultura ou monumento.

OS OLLOS DO SEREO
OS OLLOS DO DINOSETO
OS OLLOS DO POLBO
OS OLLOS DO BARQUIÑO
OS OLLOS DA FADA E O DRAGÓN
OS OLLOS DOS REDEIROS
OS OLLOS DOS CABALOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario