O PROXECTO DE 4ºA

Durante todo o curso os nenos e nenas de 4ºA levaron adiante un proxecto adicado a unha das institucións de Vigo que traballan no coidado e no respeto dos dereitos das mascotas.
Fixeron o seu traballo nas aulas  e  presentáronnolo no Xornal Don Moucho de fin de curso.Durante todo o ano foron sacando os seus murais aos corredores para facernos partícipes das súas pescudas. Foi un proxecto activo no que procuraron sementar en todos nós o amor polos animais e o coidado responsable.
No segundo trimestre aproveitaron a sesión de fotos para os videos de "ollos lectores" para compartir coa aula de 5 anos a lectura de libro dos bolechas Sultán non ten microchip dos Bolechas
 Se queredes ver o libro tédelo nesta páxina do autor, ademáis de recursos variados.

http://www.osbolechas.gal/sultan/

No terceiro trimestre completaron  o seu traballo cunha obra de teatro que representaron no festival de fin de curso.

Tamén fixeron unha actividade especial que compartiron con varias aulas, entre elas as de infantil. Unha presentación dixital que prepararon e un obradoiro de papiroflexia na que os compañeiros puideron compoñer a súa mascota ideal.
Obradoiro de papiroflexia

Ningún comentario:

Publicar un comentario