ENTROIDO VERNIANO

A celebración do Ano Verne co aniversario da chegada do Nautilus deunos pé a artellar arredor da novela 20000 leguas de viaxe baixo dos mares toda a festa do entroido.
- O expositor especial adicado a Verne estivo montado todo o curso para  a lectura e o préstamo das obras de Verne e outras adaptacións feitas. Infantil levou adiante un obradoiro especial (ver aquí) coa lectura do conto adaptado para nenos.

Na SEMANA DA TROULA puidemos atender os mandados do Meco. (ver aquí)
O meco Camilus e os seus mandados




En tódalas aulas traballamos nun OBRADOIRO DE DISFRACES para preparar os que iamos lucir no desfile (ver aquí)

 5º e 6º como é tradicional traballaron a CREACIÓN LITERARIA arredor da temática do Entroido

PRESENTACIÓN ENTROIDO 2018
Benvidos ao noso entroido “baixo dos mares”.
Invitamos a todos os presentes a facer unha viaxe a bordo do noso “Camilus”.
Poderemos observar o fondo do mar cos seus “cabaliños” e os seus “augamares”.
E non esquezan pedir axuda aos nosos “buzos” que nos han defender das numerosas “quenllas” que imos atopar no camiño.
 Por se fora preciso temos aos nosos “arpoadores” preparados en todo momento, pero contra a tinta dos “polbos” non temos remedio.
Tamén levamos uns eficientes “mariñeiros” que nos han procurar un bo xantar.
E para calquera problema temos á nosa “tripulación” que nos ha procurar unha solución.
Por favor leven os ollos ben abertos.  Iremos viaxando ata Rande.  A nosa expedición quere atopar os famosos “galeóns” e o seu ouro sempre que o capitán Nemo non o teña roubado todo. 
En tal caso pasarémoslle a factura ao famoso Verne cando o visitemos en San Simón.
Mentres chegamos, que mellor que escoitar as coplas dos nosos alumnos:
Þ  
Escoitemos as coplas dos nosos compañeiros de quinto

COPLAS

 BAILE

 A viaxe de “Camilus” está chegando ao seu fin.  Pero antes deixará o seu testamento:

(Len os alumnos de 6º)

 Para despedirnos ata o próximo ano cantamos esta canción:
PARA VIGO ME VOY



COPLAS
 Neste entroido  XULIO VERNE,
 vai ser o referente,
“Vinte mil leguas baixo dos mares”,
 peixes, polbos e calamares. 
 Hai cento noventa anos
 en Nantes naceu,
 con once intentou embarcar
 pero o seu pai non o deixou navegar. 
           
“Todo o que un home é capaz de imaxinar
outros o realizarán”
É a frase máis famosa de Verne
que a maioría temos presente. 
         
Escribiu moitos relatos
a maioría fantásticos,
a súa gran imaxinación,
o fixo unha estrela doutra dimensión.     

Viaxou ao centro da terra
tamén deu voltas ao mundo,
foise  directo a lúa,
e mergullouse no mar profundo.  

Tivo tanta repercusión,
como pai da ciencia fición
que aos do Parroco Don Camilo
inspirounos co seu submarino.           

O noso meco “Camilus”
partiu do seu Nautilus
cambiamoslle unhas  letras
e fixemos unha xogarreta             

Cando Verne a Vigo chegou
o tesouro de Rande encontrou
cando Nemo o mirou
 no  seu submarino o levou         

Verne recalou dúas veces na costa viguesa,
unha por un forte temporal
e a outra por unha avería 
que nos deixou sen enerxía.      

A estatua de Xulio Verne
atópase preto do mar
enriba das enormes patas
dun polbo xigante de metal.            

A tripulación do Nautilus
tiña  poucos membros
e na fragata de Abraham Lincoln
imos os vintecinco.                                       

O gran monstro mariño
 foi nin máis nin menos,
Que un artefacto de chapa
Que lles deu moito a lata.                      

O “monstro” ao barco afundiu e so tres se salvaron
un profesor, o seu criado e un arponeiro malencarado
O Capitán Nemo non os deixaría marchar
pero por sorte conseguiron escapar.               


TESTAMENTO
 Pilar, Pilar, Pilar
es tan boa como o mar,
e por iso cos de cinco anos
os galeóns has de atopar.

A Michi e a Belén
ímoslle regalar
un submarino normal
feito de metal
para cruzar o mar
e a América chegar.

A Marga voulle deixar
unha viaxe ás illas de Ons
e uns días libres
para que teñas unhas boas vacacións.

A Elena e a sexto regálolles un Nautilus
para que viaxen ao fondo do mar
e que estea cheo de paciencia
para moitas ciencias estudar.

A Pili por ser a capitana
regálolle moitas forzas
para as clases de ximnasia
e cos nenos do colexio
bailar unha samba.


Erica, coa túa brisa
os teus polbiños has arrastrar
e coa a súa axuda
moitos animais das redes has liberar.


A Malena e aos seus polbiños
déixolles un pouco de tinta nun vasiño
para que non queden sequiños.

A Gladys e a súa tripulación
deséxolles que viaxen un montón
recorran os mil mares
e despois atopedes un tesouro
con moitas moedas de ouro.

A Charo e os aos seus augamares
déixolles un paseo polo río Lagares
non vos cansedes nen paredes
a ver se chegades ata Alcabre.

Mary, ¡ten coidadiño!
¡Coas túas quenllas ten olliño
non te vaian comer un trociño!
Vouche facer un favor:
Regáloche un protector.

A Alba e os seus buzos
regálolles debuxos
de todos os cursos
para que gocedes todos xuntos.

Rosa a ti déixoche un barco
para que viaxes polo océano atlántico.
Poderás bucear
e moitas perlas atopar.

A Merce, a orientadora
déixolle unha viaxe de exploración
para chegar
á illa de San Simón.

Montse, pola túa dedicación
aos nenos pequenos
regáloche un saco de ilusión
coa miña atención
para que desfrutedes un montón.


E para a titora Bea
e os seus cabaliños
tan feitiños
de libros déixolle unha morea
para que os seus nenos lean.

A Sonia regálolle un arpón
para que enganche moitos bombóns
e recoméndolle que teña coidado
non vaia comer por dous.

A Natalia como lle gusta xogar
de viaxe a Canarias a vou enviar
a ver se atopa unha serea
que vocalice aínda coa boca chea.

A Sol voulle cambiar a terra
por unha viaxe en alta mar
buscareille unha arca de Noé
e o mundo das especies ha de recorrer
para todas coñecer.

Ai, Marta, Marta, Marta,
regáloche as cartas
dos fondos de todos os mares,
nadarás sen pausa os oceános mundiais
para atopar todos os corais.

SAÍDAS RELACIONADAS:
Museo Meirande.
 5 anos, 1º 2º

Museo do mar.
 Infantil, 1º 2º 


CANCIÓN DO ENTROIDO: Para Vigo me voy

Ningún comentario:

Publicar un comentario