COS OLLOS... NOS LIBROS

No mes dos libros fixemos, coa ollada posta en Vigo, dúas actividades centrais. A primeira foron unha serie de videos de suxerencias lectoras vencelladas á iniciativa "En Abril, libros mil".Cada neno e nena do cole trouxo para intercambiar cos seus compañeiros o seu libro favorito e con todos eles abriuse unha tempada de préstamo dentro das aulas compartindo lecturas cos amigos.
Previamente fixemos as montaxes con fotos de Vigo e os libros suxeridos por cada quen.
A segunda actividade foi unha exposición de escritores vigueses..."Colle o libro e corre " unha experiencia de bookcrossing para levar e ler nas horas de lecer.

OS OLLOS DOS LECTORES
 INFANTIL

  1º E 2º DE PRIMARIA
 3º E 4º DE PRIMARIA
5º E 6º DE PRIMARIA

ESCRITORES DE VIGO

Ningún comentario:

Publicar un comentario