COS OLLOS DAS FAMILIAS: 7 SEMANAS EN VIGO

O traballo en familia é unha parte moi importante do noso proxecto. Co gallo da celebración do 150 aniversario da chegada de Verne,  no seu libro 20000 leguas de viaxe baixo dos mares, á nosa cidade quixemos tinxir todo o noso proxecto co ár deste autor; ademais de traballar a súa figura e as súas obras con diferentes actividades

As familias viaxaron todo o curso embarcadas en dous proxectos diferentes, vencellados á lectura nos recunchos lectores de 5 semanas en globo e A illa misteriosa. No noso caso foron "7 semanas en Vigo" e "Vigo misterioso". O primeiro pretendeu coñecer Vigo a través das súas festas; o segundo seguir un xogo de pistas localizando diferentes murais de arte urbano, ao tempo que nos achegabamos nas aulas a coñecer algúns dos muralistas e traballar as temáticas desas obras de arte.
Para dar a coñecer as nosas intencións os mouchiños enviaron ás casas unha primeira carta de presentación.

As cartas dos mouchiños chegaban cada tanto ás casas coas súas peticións. Daquela todos tiñan moi claro cara onde tiñan que desprazarse e que cousas habían de buscar. Aquí podedes ollar as cartas e mailos traballiños enviados.

7 SEMANAS ...NO SAMAÍN
 7 SEMANAS ...NO MAGOSTO

2º carta ás familias


 7 SEMANAS ...NO NADAL

3ª Carta aos pais



 7 SEMANAS ...NO ENTROIDO
 7 SEMANAS ...NO VIGO DE ROSALÍA

4ª Carta ás familias


 7 SEMANAS ...NA RECONQUISTA
 7 SEMANAS ...NOS MAIOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario