O Mural "Expostas" situado na rúa Ricardo Gaiteiro Portela foi que inspirou a nosa actividade no DÍA DA NON VIOLENCIA (védelo aquí). 4 figuras de muller recheas con máis mulleres de toda clase e condición que representan a tódalas mulleres do mundo, nos cinco continentes. "Nin unha menos" é o lema do mural orixinal de Vanesa Álvarez; e tamén o que nós adoptamos como propio. Porque mires cara onde mires, en tódolos recunchos do mundo, todas valemos.
DIA DA MULLER TRABALLADORA
Outra das muralistas de Vigo, Elisa González, foi a protagonista deste DIA DA MULLER TRABALLADORA (védelo aquí). Ela e o seu mural, composto de persoas diversas ollando cara á mesma dirección. Ademáis do noso traballo sobre mulleres de Vigo e o traballo sobre este mural da Vía Norte, pintamos e levamos para casa un fermoso marcapáxinas coa creación de Elisa.
MULLERES DE VIGO
10 MULLERES 10 foron as mulleres escollidas polas aulas de entre a longa listaxe, unha por cada aula. Cadaquén investigou, analizou e sintetizou para todos a información atopada. 10 marabillosos murais a xeito de nova xornalística que pasaron a formar parte dos murais dos nosos corredores e dun suplemento especial do noso xornal anual. No mural da parede faltaba, cando se fixo a foto, Begoña Caamaño, así que agora temos que engadila aquí neste resumo. Falta tamén a nova correspondente a Iria Blanco. Neste caso o mural foi sustituido polo relato da súa visita no xornal.
Vede aquí os murais con máis detalle.
10 MULLERES DE VIGO
Tamén podedes velos no Xornal Don moucho.
VISITA DE IRIA BLANCO
Unha das 10 mulleres escollidas (por suposto a listaxe podía ser moito máis longa) foi Iria Blanco, pintora e muralista que ten algunhas das súas creacións en Navia. Enseguidiña prestouse non só a que os nenos lle fiseran unha entrevista senón a visitarnos personalmente e compartir con todos nós a súa experiencia. Aquí podedes coñecer algo da súa visita. VISITA DE IRIA BLANCO. Tamén quixo compartir connosco unha das súas pinturas máis coñecidas polos nenos e nenas que viven en Navia, o seu autobús. Puidemos sacarlle a súa cor orixinal e re-crealo ó noso xeito.
TRABALLOS DO AUTOBÚS
VISITAS DE AUTORAS
Casualidade ou non este curso, nun ano tan importante para a muller, foron mulleres as escritoras que nos visitaron. María Canosa, Ledicia Costas e Paula Carballeira e os seus marabillosos libros estiveron con nós na biblioteca compartindo con todos lecturas e vivencias.
Ledicia Costas foi protagonista por partida triple porque, ademáis, puidemos desfrutar das súas historias no expositor de escritores e escritoras vigueses.Tamén un dos seus libros adicado a Verne figuraba no recuncho Verne e foi un dos itinerarios lectores do ano para os cursos dos maiores.
ESCRITORAS VIGUESAS
Acompañando a Ledicia Costas puidemos tamén vé-lo mundo cos ollos de An alfaya e Alicia Borrás.
Os seus libros estiveron a dispor de todos na exposición montada na entrada do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario